Xornada de Autoedición e Feminismo por Translurpies

Data: 
sábado, 10 Marzo, 2018 - 12:00 a 20:30

Achégase unha gran xornada de autoedición e feminismo en Lugo!

O día 10 disfrutaremos de un día de encontro con este nobre arte: haberá obradoiros, unha pequena feira para que poidas comprar, vender, intercambiar fanzines e tamén unha sesión vermú para mover o cú e degustar a cervexa artesanal de produción propia que preparamos para a ocasión.

Teremos a presenza da gran Gelen Jeleton, que nos visita dende Murcia para impartir un obradoiro de autoedición feminista, tamén haberá un taller de Scribus (programa de software libre para a maquetación). A feira, a comida, a cervexa. E Cervatillo Dj amenizará a xornada cos seus mellores discos.

Aquí o horario:
12:00 - 14:00: Obradoiro de maquetación con Scribus
14:00 - 17:00: Petiscos e Vermú: Cervatillo DJ, distris, camisetas...
17:00 - 19:00: Obradoiro de autoedición feminista
20:30: Peche do Ateneo
21:30: Cea (na taberna A Fouce)

* Se queres traer os teus zines ás mesas da feira, escríbenos a translurpies@autisciti.org Inda estás a tempo!