Xornada coa editorial A Abordaxe con presentación de libros e concertos.

Data: 
sábado, 5 Maio, 2018 - 18:00

Xornada coa editorial A Abordaxe para autoxestionar o seu proxecto (evento en Facebook).

Achégannos a presentación dos seguintes libros que terá lugar no Ateneo Libertario A Engranaxe ás 18h.:

  • Memorias de Liberdade: un relato de Western Wildlife Unit da Fronte de Liberación Animal.
  • Arredismo e Anarquía: compilación de textos sobre anarquismo e loitas de autodeterministas ou de liberación nacional.

Durante a presentación haberá xantar vegano a prezos populares.

E a partir das 23h. concertos solidarios en O Furancho Folk-Rock (rúa Falcón nº16) con:

  • Verbena Velutina (surrealismo punk picheleiro)
  • Filophóbicas (retranca rock lucense).

Que é a A Abordaxe?

"Abordaxe! é un colectivo editorial anarquista, unha gavilla de piratas embarcadas nun galeón autoxestionario, sen ánimo de lucro e independente de calquera organización ou institución. O noso proxecto nace da necesidade de confrontar e xerar ideas e debates-chave nunha realidade na que naufragamos presas da democraticidade e o mercado das opinións, e da intención de investigar e recuperar a memoria respecto das loitas contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron a Galiza e outros territorios do mundo durante longo tempo. Plasmar esta tarefa a través da nosa revista e todo o material que editamos como contribución a estas loitas no presente son algunhas das nosas principais prioridades".

Para conseguir o material que editan e calquera tipo de achega visita a súa web, abordaxe.org ou contacta con elxs en abordaxe@bastardi.net