seasol

xoves, 8 Febreiro, 2018 - 20:30

Que é a Rede de Apoio Mutuo Lugo? Farán a súa presentación o Xoves 8 de Febreiro ás 20:30 no Ateneo e achégannos o seguinte texto:

Seguindo as experiencias da Rede de Solidariedade de Seattle (Seasol) e os Colectivos de Solidariedade de París, un pequeno grupo de individualidades vimos a propoñer un novo proxecto que nace máis como unha necesidade que como un desexo, ante a precariedade que aboca as nosas vidas, non só no mundo do traballo, senón tamén fóra de el, ante un capitalismo cada vez máis voraz onde a loita de clases se nos presenta como unha “cousa do pasado”.