lumenovo

sábado, 23 Xuño, 2018 - 19:00

Este Sábado 23 xuntámonos de novo varias asociacións e colectivos lucenses para celebrar outra edición do Lumenovo asociativo!

Ambientazo para compartir a chegada do solsticio de verán. Con actuacións musicais en vivo co rapeiro Volk GZ e foliada, xogos para as crianzas, comida (haberá opción vegana), queimada con conxuro incluído contra a "Ordenanza Mordaza" e moito máis!

Será onde os anos pasados: zona de Fontiñas - Rda. Das Mercedes (na praza de arriba á escola de idiomas).

Agardámoste!