documental

sábado, 17 Febreiro, 2018 - 20:00
Ao sur de Europa, onde hoxe blíndanse fronteiras con concertinas e muros, onte florecía un negocio que arrastraba forzosamente a miles de africanas e africanos ao exilio e a explotación. "Gurumbé. Cancións da túa memoria negra cóntanos a súa historia para cuestionar o noso presente e lembrarnos que África está moi dentro do que hoxe somos. Teremos a oportunidade de discutir destes e outros temas con Manuel Iván Castro Freire presidente da FOJA en Galicia e do movemento panafricanista en Galicia.
venres, 17 Novembro, 2017 - 20:30

"Camilo: o último guerrilleiro de Galicia" é un documental que expón a vida de Camilo de Deus, o último guerrilleiro que queda vivo en Galicia. A través da súa historia pretendemos recuperar a memoria histórica da guerrilla antifranquista: loitador da memoria e historia viva. Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

Evento en Facebook.