Presentación libro "El sabor de la sangre en la boca. Revolucionarios anarquistas, rebeldes e nihilistas na Rusia do s.XIX"

Data: 
mércores, 2 Maio, 2018 - 19:30

Presentación do libro "El Sabor de la sangre en la Boca. Revolucionarios anarquistas, rebeldes e nihilistas na Rusia do s.XIX". Mércores 2 de Maio ás 19:30.

Este libro propón unha viaxe, e como tal, ao regreso, probablemente algo cambiaría en nós. Proponnos unha invitación para retomar unha realidade tan diferente como ligada ao que somos hoxe. Imaxinar os escenarios  decimonónicos daquela Rusia, para volver logo ao noso século no que un paseo sereno é case inimaxinable, ante o ritmo frenético do mundo, ante a hostilidade ambiente e as cámaras de  videovixilancia que decoran a paisaxe. Con todo, non tan distinto na súa lóxica de amos e escravxs, nin na vontade de moitas de negación completa do mandato e a obediencia.