Presentación do libro Sexualness con Akshay khanna

Data: 
xoves, 7 Decembro, 2017 - 20:30
O libro Sexualness (New Text 2016) é un intento de conceptualizar o que significa pensar o sexual “dende o Sur”. 

Marca un cambio de “sexuality” (sexualidade), máis frecuentemente atribuída á ontoloxía da persoa, como se a quen ou o que alguén desexa, ou fode, definira o que alguén é. Isto é sintomático dunha imaxinación liberal do suxeito político segundo a cal a interioridade dun individuo é tratada como o espazo para a resolución de antagonismos no mundo. Esta forma do suxeito é a base do marco dos dereitos humanos, constitucións de democracias liberais e o discurso “internacional” dos dereitos LGBT, que así estrutura o espazo político, xurídico e afectivo que pretende conectar globalmente o queer. Sen embargo, para un gran número de persoas ao redor do mundo non hai unha cuestión post-coital da persoa, e a continuidade sexual non nos converte en “tipos de sexualidade” particulares. Hai, noutras palabras, unha “sexualness” que escapa o marco da sexualidade – desexo e erotismo que flúe a través das persoas sen constituílas como suxeitos.

Este recoñecemento abre preguntas sobre a subxectividade per se, polo cal identificamos o reto de conceptuar o suxeito non como interioridade, senón máis ben como articulacións transaccionais, relacionais e, frecuentemente, efémeras. Partindo da investigación etnográfica que informa o libro, a palestra examinará as maquinacións que capacitaron ás raíces cristiáns do pensamento hegeliano a continuar na teoría queer, e proporase unha estratexia para abordar cuestións urxentes da subxectividade política no momento contemporáneo.

Akshay khanna é antropólogue social, activista polítique, actrice de teatro e chef amateur baseade en Nova Delhi. A súa investigación actual céntrase na erótica da lideranza e na articulación do xénero e o sexual en política na India. akshay tamén cultiva melón amargo para alimentar a criaturas queer, para a maioría das cales é unha (sexy) tía queer.