Grupo de lectura

Data: 
venres, 26 Xaneiro, 2018 - 20:00

Leeremos, nesta primeira edición do grupo de lectura, os cinco primeiros capítulos do ¨Testo Yonqui¨, de Paul B. Preciado, donde analiza conceptos como o xénero, as industrias farmacéuticas, a sexualidade ou a pornografía na súa relación co capitalismo. A súa contraportada é a seguinte:

Este libro non é unha autoficción. Trátase dun protocolo de intoxicación voluntaria a base de testosterona sintética que concerne ao corpo e aos afectos de B.P. É un esaio corporal. Unha ficción autopolítica ou unha autoteoría (...). Cando me administro unha dose de xel de testosterona, estoume suministrando unha cadea carbonatada esteroide e cristalina, e con ela un trozo de historia da modernidade, adminístrome unha serie de transaccións económicas e un conxunto de decisións farmacéuticas, de ensaios clínicos, de grupos de opinión, conéctome ás redes barrocas de intercambios e de fluxos económicos e políticos que patentan a vida (...)”

A bomba atómica, a píldora anticonceptiva, o tráfico de drogas, a invención da noción de xénero, a transformación do porno na nova cultura de masas, o traballo sexual como modelo de todo traballo na sociedade postfordista, o consumo de testosterona... Preciado invítanos en Testo Yonqui a recorre-los corredores do réxime farmacopornográfico: unha forma de capitalismo quente, psicotrópico e punk.

Unha perspectiva diferente donde os conceptos aparentemente incuestionables deixan paso a unha nova orde social e política de consecuencias aínda descoñecidas. Un ensaio brillante e provocador sobre o lugar que ocupan o corpo, o sexo e a sexualidade na sociedade contemporánea. Unha bomba conceptual.

O libro atópase en formato pdf no seguinte enlace: https://antropologiadeoutraforma.files.wordpress.com/2013/04/preciado-testo-yonqui.pdf