Eventos pasados

venres, 11 Maio, 2018 - 21:30

O Venres 11 continuamos co cuarto ciclo de experiencias militantes. Nesta ocasión no local do Mádia Leva (Rua Serra de Ancares nº 18) coa lucense Carme Blanco, que formou parte do feminismo galego dende os anos 70.

Para apuntarte á cea escribe a madialeva.gz@gmail.com (con opción vegana, avisa da túa escolla).

sábado, 5 Maio, 2018 - 18:00

Xornada coa editorial A Abordaxe para autoxestionar o seu proxecto (evento en Facebook).

Achégannos a presentación dos seguintes libros que terá lugar no Ateneo Libertario A Engranaxe ás 18h.:

mércores, 2 Maio, 2018 - 19:30

Presentación do libro "El Sabor de la sangre en la Boca. Revolucionarios anarquistas, rebeldes e nihilistas na Rusia do s.XIX". Mércores 2 de Maio ás 19:30.

venres, 27 Abril, 2018 - 18:00 a domingo, 29 Abril, 2018 - 20:00

Dende o Ateneo Libertario A Engranaxe, xunto a outrxs compas, organizamos as seguintes xornadas antiespecistas en Lugo para os días 27, 28 e 29 de Abril; con charlas, debate, proxeccións, xantar veganos, sesión vermú e concertos, dende onde se achegarán xente e proxectos de Compostela, Vigo, Sarria, Vilalba, etc. Evento en Facebook.

PROGRAMA

VENRES 27:

sábado, 17 Marzo, 2018 - 20:30 a 23:00

Xavier Sánchez Pazos falaranos do movemento e loita estudantil durante os anos 2000 contra a LOU (Lei Orgánica de Universidades):

sábado, 10 Marzo, 2018 - 12:00 a 20:30

Achégase unha gran xornada de autoedición e feminismo en Lugo!

O día 10 disfrutaremos de un día de encontro con este nobre arte: haberá obradoiros, unha pequena feira para que poidas comprar, vender, intercambiar fanzines e tamén unha sesión vermú para mover o cú e degustar a cervexa artesanal de produción propia que preparamos para a ocasión.

sábado, 3 Marzo, 2018 - 23:00

Este Sábado día 3 de Marzo compas organizan concertos de rap en apoio ao Ateneo:

"Por segundo ano convidámosvos ao concerto en apoio ao Ateneo Libertario A Engranaxe. Para isto contamos con rapers de temática político-social tanto da vella como da nova escola.

sábado, 17 Febreiro, 2018 - 20:00
Ao sur de Europa, onde hoxe blíndanse fronteiras con concertinas e muros, onte florecía un negocio que arrastraba forzosamente a miles de africanas e africanos ao exilio e a explotación. "Gurumbé. Cancións da túa memoria negra cóntanos a súa historia para cuestionar o noso presente e lembrarnos que África está moi dentro do que hoxe somos. Teremos a oportunidade de discutir destes e outros temas con Manuel Iván Castro Freire presidente da FOJA en Galicia e do movemento panafricanista en Galicia.
xoves, 8 Febreiro, 2018 - 20:30

Que é a Rede de Apoio Mutuo Lugo? Farán a súa presentación o Xoves 8 de Febreiro ás 20:30 no Ateneo e achégannos o seguinte texto:

Seguindo as experiencias da Rede de Solidariedade de Seattle (Seasol) e os Colectivos de Solidariedade de París, un pequeno grupo de individualidades vimos a propoñer un novo proxecto que nace máis como unha necesidade que como un desexo, ante a precariedade que aboca as nosas vidas, non só no mundo do traballo, senón tamén fóra de el, ante un capitalismo cada vez máis voraz onde a loita de clases se nos presenta como unha “cousa do pasado”.

venres, 2 Febreiro, 2018 - 21:30

Continuamos co ciclo sobre experiências militantes em colaboraçom co Madia Leva. Nesta ocasom a ceia-tertúlia será no centro social Mádia Leva (Rúa Serra dos Ancares, 18) o dia 2 de fevereiro e conheceremos a experiência dumha associaçom de longa trajetória na defesa da nossa cultura , um referente na Terra Chá como é Xermolos. Falará na charla Alfonso Blanco Torrado.

(Ceia vegana).