Desenvolvemento de páxinas web

Data: 
xoves, 2 Marzo, 2017 a venres, 9 Xuño, 2017
Horario: 
Tódolos xóves de 20:00 a 22:00h
Duración aproximada: 
30horas
Descripción: 

Neste curso aprenderás as bases para desenvolver calquera tipo de sitio web, tanto estáticos como dinámicos, con tecnoloxías open-source: HTML5, CSS3, jQuery, Drupal... O curso parte dende cero, polo que non é preciso ter coñecementos previos de programación.

Obxectivos: 

Acadar unha boa base nas tecnoloxías descritas que permita desenvolver proxectos web sinxelos de forma autónoma, e poder ampliar os coñecementos para desenvolver outro tipo de proxectos máis complexos se asi se desexa

Temario: 

I. Introducción

  • Introducción as tecnoloxías web.
  • Sistema de control de versións GIT
  • Introducción ao HTML5

II. Maquetación web básica

  • Web semántica
  • Introducción ao CSS3
  • Layout
  • Formularios

III. Responsive web design

  • Que é o RWD?
  • Frameworks: Bootstrap
  • Popups, acordeons, sliders, menús desplegables...

IV. Javascript & jQuery

  • Introducción a programación
  • Javascript
  • Frameworks: jQuery
  • Manipulando o DOM
  • AJAX
  • Uso de plugins

V. PHP

  • Introducción a programación de servidor
  • Introducción ao PHP

VI. Drupal

  • Xestores de Contidos (Content Managment Systems): Drupal 8
  • Tipos de contidos e Taxonomías
  • Xestión de usuarios e permisos
  • Views
  • Formularios
  • Desenvolvementos de themes
Requisitos: 

Levar portatil. Se non dispós de portatil e estás interesada no curso por favor indicao no apartado de contacto.

Non é preciso ter coñecementos previos de programación. É interesante saber empregar un ordenador (encender e apagar, enviar un mail, crear unha carpeta... :))

Inscríbete neste curso!

Podes inscribirte neste curso recheando o seguinte formulario. Para poder asistir, se non o fixeche xa, deberás aportar a cuota mínima anual de socio (30€). Se índa non es socio poderás xestionalo o primeiro día do curso. Se tes calquera dúbida por favor, escríbenos dende o apartado de Contacto