Deseño gráfico con software libre

Data: 
martes, 7 Marzo, 2017 a martes, 27 Xuño, 2017
Horario: 
Tódolos martes de 20:00 a 21:30
Duración aproximada: 
30horas
Descripción: 

Neste curso aprenderanse, por unha parte, os fundamentos técnicos do deseño e composición de imaxe e, pola outra, a manexar cómodamente programas de edición fotográfica, vectorial e maquetación en software libre.

Obxectivos: 

Aprender os fundamentos, tanto teóricos como técnicos, que nos permitan poder desenvolver traballos gráficos de forma autónoma, en tres grandes bloques do deseño (cartelería, maquetación e logotipos), así como acadar un nivel de coñecemento que permita, a partires desta base, unha formación autodidacta.

Temario: 

MÓDULO 1: DESEÑO GRÁFICO E SOFTWARE LIBRE.
1.1 Software libre e deseño: dificultades, qué é e exemplos (Libregraphics magazine)
1.2 Aplicacións que usaremos: Gimp, Scribus, Inkscape (Instalación).
1.3 Nocións de deseño gráfico:

  • a) Composición e bloques de información.
  • b) Uso da cor.
  • c) Fondo / Forma aplicado ao deseño: cartelería e logos.
  • d) Tipografías.
  • e) Niveis de complexidade na imaxe: Por qué os logos son simples.

MÓDULO 2: GIMP
2.1. Entorno de traballo en Gimp.
2.2. Ferramentas básicas: capas, selección, tipografías, transparencias...
2.3. Edición de cor: Modo de color, ferramenta cores, degradados, bote de pintura e modo de capa.
2.4. Clonado en fotografía: editar e borrar elementos, ampliar fondos, etc.
2.5. Debuxo en Gimp: Rutas, pluma e uso de pinceis.
2.6. Aplicación práctica á cartelería: Deseño dun cartaz dunha película.

MÓDULO 3: DESEÑO VECTORIAL CON INKSCAPE.
3.1. Qué é a imaxe vectorial e por qué nos é útil.
3.2. Entorno de traballo en Inkscape.
3.3. Ferramentas básicas: Seleccionar obxetos, transformar camiños, crear formas, caligrafía, curvas
e liñas, debuxo a man alzada.
3.4. Vectorizar mapa de bits.
3.5. Trazos e recheos con cores planos e degradados.
3.6. Aplicación práctica: Logo persoal.

MÓDULO 4: MAQUETACIÓN CON SCRIBUS.
4.1. Nocións de maquetación: Diferencias entre o papel e o dixital, formatos, uso efectivo das
tipografías, etc.
4.2. Entorno de traballo en Scribus.
4.3. Ferramentas básicas Scribus: Crear proxecto, caixas de texto, páxina maestra, etc.
4.4. Cómo traballar a tipografía en Scribus.
4.5. Obxetos: Maquetación de texto e imaxe.
4.6. Paxinación.
4.7. Finalización do proxecto: CMYK, sangrados, marcas de corte, exportación.
4.8. Aplicación práctica: Crear fanzine.

Requisitos: 

Levar portatil. Se non dispós de portatil e estás interesada no curso por favor indicao no apartado de contacto.

Non se precisan coñecementos previos para o curso.

Inscríbete neste curso!

Podes inscribirte neste curso recheando o seguinte formulario. Para poder asistir, se non o fixeche xa, deberás aportar a cuota mínima anual de socio (30€). Se índa non es socio poderás xestionalo o primeiro día do curso. Se tes calquera dúbida por favor, escríbenos dende o apartado de Contacto