Comunicado de despedida

Data: 
venres, 12 Outubro, 2018 - 17:45

O pasado mes de abril cumpríanse 5 anos dende que o Ateneo Libertario A Engranaxe abría as portas, 5 anos de traballo, de esforzos e de moita ilusión.

Neste tempo, entre presentacións de libros, obradoiros, xornadas, grupos de estudios e moitas actividades máis, fomos aprendendo, coñecendo xente, formando parte de diversas accións e sempre co obxetivo de crear texido social, dende a horizontalidade e a autoxestión, pero todo ten un fin.

Levamos con nós o aprendido, o disfrutado, as persoas, as experiencias...

Vemonos nas rúas e nas barricadas, saúde e liberdade!!

Tags: